O Valedor do Cidadán presenta co alcalde un estudo contra a ruído aplicable a nivel estatal
"Os mil Concellos máis importantes de España recibirán este traballo", salientou Abel Caballero durante a presentación, e adiantou que a futura ordenanza viguesa contra a contaminación acústica seguirá as recomendacións do Valedor entre "un 95 e un 98%". O libro analiza a lexislación vixente e propón unha normativa aplicable a todos os Concellos de España.
O Valedor do Cidadán, Luis Espada, xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentaron este venres o libro "Xestión da contaminación acústica: análise da lexislación estatal e propostas de aplicación para a administración local", dirixido por Espada, e que ofrece unha normativa factible para todos os concellos de España.
O Valedor foi o encargado de elaborar a que sería a primeira lei autonómica do estado en materia de contaminación acústica, normativa que dependía entón únicamente das administracións locais. Tras as lexislacións autonómicas, o estado elaborou en 2003 unha normativa común, que viuse ampliada por novos regulamentos, a última delas, en decembro de 2007.
Luis Espada explicou que o traballo presentado analiza toda a normativa existente na actualidade, ordenanzas municipais e lei estatal; estuda os seus puntos de converxencia e diverxencia e suma "novos capítulos" á mesma. "É o único libro sobre contaminación acústica adaptado ao que necesitan os concellos", argumentou o Valedor. O libro, dirixido por Espada, contou co traballo de 12 persoas e a colaboración de asesores xurídicos e técnicos, segundo comentou.
O alcalde, pola súa banda, felicitou a Luis Espada e ao seu equipo por un traballo que cualificado polo rexedor de "guía e de gran utilidade para a nova ordenanza" de Vigo contra o ruído. De feito, Abel Caballero salientou que a cidade estudará as propostas e augurou que se seguirán entre "un 95 e un 98%" das mesmas.
Serán 2.000 os exemplares que se editarán do estudo e, segundo avanzou o alcalde,"os mil concellos máis importantes de España recibirán este traballo".
Mapa de Ruidos
O alcalde informou, por mor da presentación do libro, de que o Mapa de Ruidos vigués saíu hoxe venres do Concello, e xa está de camiño á Xunta de Galicia e a Unión Europea, co que "inicia a súa andadura", argumentou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes