A web do Concello convértese en "máis accesible e sinxela" e agora pódese escoitar
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, presentou este xoves as melloras das páxinas web municipais e os proxectos para o futuro. As reformas, que son introducidas paulatinamente, converten á web en "máis sinxela e accesible" e incrementa a interacción da adminstración local cos cidadáns. Tamén se incorporou son aos contidos, que se pode escoitar on-line descargar en formato mp3.
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, presentou este xoves algunhas das novidades que se veñen introducindo nas páxinas web do Concello de Vigo, entre as que destaca un novo sistema de voz polo que os usuarios poderán escoitar on-line os seus contidos, en galego e en castelán.
O edil salientou a melloría "certamente importante" das páxinas, que van "deica un novo modelo nas relacións entre o cidadán e o Concello". As reformas foron instauradas dun xeito paulatino, e hoxe xoves se cambiou a portada da web e se está a incorporar o sistema de voz.
A páxina é "máis sinxela e accesible" aos cidadáns, salientou Font, xa que se estruturaron os contidos e se incorporou nova información, orientada aos usuarios. O concelleiro destacou a oficina virtual, "con máis de 400 trámites" á disposicións dos visitantes e o pago dos impostos municipais.
A este respecto, o técnicos municipais de informática informaron de que os cidadáns están a utilizar cada vez máis a web para a realización dos trámites administrativos locais. A web a visitan 160.000 persoas e a oficina virtual, 40.000 usuarios cada mes, o que supón un aumento do 100% con respecto ao ano anterior.
A consulta de expedientes e as facturas son algunhas das utilidades que máis empregan os cidadáns, e o Concello está a tramitar "máis de 20.000 volantes de empadroamento mensuais", explicaron os técnicos. O pago de recibos non se emprega tanto, emitindo uns 5.000 anuais aboados a través da web municipal.
O departamento de informática vai ampliar no futuro os servizos municipais que se poden realizar desde a web. No futuro, no prazo aproximado dun mes, segundo adiantaron os informáticos municipais, os vigueses poderán tramitar as autoliquidacións e a recadación executivo.
Ademais, o departamento de informática prevé a instalación dun servizo chat na web co teléfono de atención ao cidadán 010, para resolver as dúbidas dos vigueses sen ter que empregar o teléfono.
Sistema de voz
A incorporación do audio en galego e en castelán ten lugar tanto na páxina xeral do Concello (www.vigo.org) como na de noticias municipais (www.xornal.vigo.org). Esta integración foi desenvolvida polo departamento de informática municipal, labor que o edil agradeceu e felicitou, e mostrou o seu "orgullo" pola modernización da administración e da comunicación cos cidadáns que se está a realizar.
Nas páxinas se atopa desde hoxe un enlace titulado "escoitar" que te dirixe directamente á escoita dos contidos. Outra opción posible é descargar o arquivo de son ao ordenador en formato mp3, co que pode ser escoitado en calquera dispositivo móbil.
No apartado de novas, a navegación dentro do son non precisa de navegador nin do rato do ordenador, xa que só coa escoita e o teclado pódese acceder ao son das noticias, volver ao menú inicial e seleccionar unha das mesmas. É un sistema novidoso que permite "unha nova interacción co cidadán", salientou Javier Albertos, informático municipal.
Descargar todas as imaxes