O Concello e Caixanova asinan un convenio que levará ás ruas viguesas 60 actuacións en catro días
O alcalde, Abel Caballero, e o director xeral da entidade, José Luis Pego, asinaron este mércores a acordo de colaboración "Caixanova na rúa" polo que, entre os días 8 e 11 de xullo, 28 grupos diferentes dunha ducia de disciplinas artísticas realizarán nas rúas e prazas da cidade un total de 60 actuacións. O obxectivo é achegar a cultura aos cidadáns.
Caixanova e o Concello de Vigo asinaron este mércores o convenio de colaboración para o programa de actividades "Caixanova na rúa", que se desenvolverá en diferentes espazos da cidade de Vigo entre o 8 e o 11 de xullo. A iniciativa pretende trasladar a cultura ás rúas e prazas da cidade con 28 grupos que abranguen unha ducia de disciplinas artísticas.
O obxectivo final da iniciativa, que inclúe máis de 60 actuacións a cargo de 27 grupos diferentes en múltiples puntos de Vigo, é dinamizar o espazo urbano a través de actividades variadas, entre as que se atopan propostas musicais (hip-hop, pop rock, jazz, tradicional...), de teatro (clown, acrobacia), danza, maxia, malabares, pasarúas, cine, etcétera.
No programa destaca a cúpula Ciencia Máxica, un obradoiro científico no que se mostrará a ciencia desde un punto de vista diferente, así como un ciclo de curtametraxes galegas, nacionais e internacionais, que se sumarán aos pasarrúas, concertos musicais, malabaristas, magos, etc.
Todas as actuacións terán lugar entre o 8 e o 11 de xullo nas principais rúas e prazas da cidade de Vigo (Praza da Constitución, Praza de América, Estación Marítima, rúa Príncipe, Urzaiz, Calvario...) a calquera hora do día, xa que están previstos unha media de dez espectáculos cada xornada. O programa de actividades está formado por representacións de calidade chegadas de diferentes puntos da xeografía mundial: Arxentina, Francia, Portugal, EE.UU, Serbia, Andalucía, Cataluña, Madrid, Euskadi... e, por suposto, Galicia.
Descargar todas as imaxes