luns, 19 maio 2008

Este luns deron comezo as obras do aparcamento de Policarpo Sanz

O alcalde de Vigo e o Presidente da concesionaria Eloymar Tranvías asinaron este luns o Acta de Replanteo que da comezo ás obras do aparcadoiro de Policarpo Sanz. Ambos ratificaron que se cumprirán os prazos e en 30 meses estarán concluídos os traballos. O Plan de tráfico xa está en funcionamento ao igual que a sinalización provisional.<br />

O Goberno Central subvenciona con 2 millóns de euros o programa de emprego municipal "Imos Traballar"

luns, 19 mai 2008

<br /> O goberno local solicitou esta axuda ao Ministerio de Administracións Públicas e, sumado aos 500.000 euros de aportación municipal, este programa, elaborado pola Concellería de Emprego e Promoción Económica, contará con 2,5 millóns de euros para os próximos 3 anos. "Imos traballar" procura a inserción de 600 desempregados con intinerarios formativos específicos e personalizados, mediante o uso das novas tecnoloxías.

As concellerías coordinadas por Tenencia de Alcaldía traballarán para acadar a Carta Viguesa da Calidade de Vida

luns, 19 mai 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns un novo proxecto que será coordinado dende a Tenencia de Alcaldía e será desenvolvido polas concellerías de carácter social do Concello Vigués. Trátase da Carta Viguesa da Calidade de Vida, que segundo anunciou o tenente de alcalde servirá para "planificar os eidos nos que é preciso mellorar a calidade de vida da cidadanía a longo prazo" e espera que sexa aprobada polo pleno da corporación nun ano.