As concellerías coordinadas por Tenencia de Alcaldía traballarán para acadar a Carta Viguesa da Calidade de Vida
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns un novo proxecto que será coordinado dende a Tenencia de Alcaldía e será desenvolvido polas concellerías de carácter social do Concello Vigués. Trátase da Carta Viguesa da Calidade de Vida, que segundo anunciou o tenente de alcalde servirá para "planificar os eidos nos que é preciso mellorar a calidade de vida da cidadanía a longo prazo" e espera que sexa aprobada polo pleno da corporación nun ano.
"A partir do 2 de xuño todos os departamentos de carácter social comezarán a traballar na Carta Municipal da Calidade de Vida", indicou Santi Domínguez, quen subliñou que deste xeito cumprirase un dos compromisos do BNG nas pasadas eleccións municipais, expresado no lema "Un Vigo para a xente". Lembrou que este documento "é un dos eixos do programa electoral do BNG para incrementar a calidade de vida dos cidadáns e ás cidadás".
Santi Domínguez explicou que a Carta Viguesa da Calidade de Vida será un instrumento "que permitirá desenvolver unha planificación global para que a cidadanía viguesa teña a posibilidade de traballar conxuntamente con nós", e neste sentido mencionou o obxectivo de que neste proxecto se involucren "todos os colectivos e organizacións sociais". A consecución desta carta, para a que o tenente de alcalde se da o prazo dun ano, desenvolverase en diversas fases. Así, na primeira delas, que comprenderá entre os meses de xuños e decembro, profesionais especializados en colaboración cos veciños elaborarán a diagnose dos servizos. Na segunda fase, convocarase un foro e unha consulta cidadán e entre marzo e abril, segundo o tenente de alcalde, "terá que estar rematado o informe definitivo que deberá ser aprobado en xullo".
"Durante a campaña das pasadas eleccións municipais diciamos que Vigo adolecía de planificación e con esta iniciativa facemos posible a planificación a longo prazo para un periodo de dez anos", explicou o tenente de alcalde. Ademais, indicou que maila que inicialmente o proxecto levarase a cabo dende as concellerías xestionadas polo BNG, unha vez que estea en marcha, calquera concellería poderá sumarse á iniciativa, da que a Xunta Local de Goberno terá información puntualmente.
Descargar todas as imaxes