Escoitar

O Concello aproba os impostos e taxas municipais para o próximo ano cunha suba do IPC

luns, 24 set 2001
imx585.jpg
Sesión plenaria
A Corporación municipal aprobou a Ordenanza Fiscal para o ano 2002, no transcurso dunha sesión plenaria celebrada hoxe. Os impostos e taxas actualizaranse aplicando a variación real do Índice de Prezos ó Consumo, o que supón un incremento do 4,2 %.

O Imposto de Bens Inmobles experimentará unha suba do 2,14 % para compensar a diferencia entre a variación real do IPC e a variación catastral establecida pola Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2001.

O Pleno tamén aprobou un expediente de conversión de pesetas a euros relativo ás cantidades expresadas en pesetas que constan en ordenanzas fiscais e de prezos públicos que non son obxecto de modificación para o exercicio 2002. O Concello manterá todos beneficios fiscais que se aplicaron no presente exercicio: rebaixas no IAE pola execución de obras fronte establecemtno comercial, apoio a empresas de nova creación, exención de taxas ás familias con ingresos baixos.

Plan Xeral e Casa das Palabras

A Corporación acordou adxudicar o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo á empresa ” Consultoría Galega,SL”, así como adxudicar á empresa Necso Entrecanales Cubiertas,S.A. a execución do contrato de redacción do proxecto, execución das obras e subministración de equipamento museográfico da Casa das Palabras por un importe de 1.555.663.952 pesetas e un prazo de execución das obras de 16 meses.

Na sesión plenaria acordouse ampliar o período da prórroga coa empresa Contenur España,S.L. dos contratos de subministro, instalación e mantemento de contenedores e baleirado de papeleiras mentres non se produza a adxudicación do contrato do plan de conterización da cidade.

Aprobouse o proxecto de mellora do subministro de auga potable no Concello de Vigo conexión O Casal-Valadares e peche perimetral, cun presuposto de execución por contrata de 1.360.629.896 ptas. e un prazo de execución de 18 meses. Para acometer esta obra, o Pleno acordou solicitar á Consellería de Política territorial, Obras Públicas e Vivenda, organismos Autónomo Augas de Galicia, departamento de xestión do Dominio Público Hidráulico a financiación ó 100% da obra.

Tamén se aprobou a apliación de saneamento das parroquias de Beade, Valadares, Zamáns e Saiáns.

Festivos locais

A Corporación municipal estableceu como festas locais para o vindeiro ano 2002 o 1 de abril, luns de Pascua (xa que o día 28 de marzo, día da Reconquista da cidade, coincide en xoves Santo) e o 16 de agosto, festividade de San Roque.

A Corporación aprobou revisar as becas de comedor para tentar cubrir a totalidade do seu custo e instar á Consellería de Educación a favorecer a oferta deste servicio complementario que ten que pasar por xeralizar as subvencións a tódolos comedores escolares dos centros de ensino público.

Descargar todas as imaxes