Vigo participa na campaña do ”Día Europeo sen Coche”
O Concello de Vigo implícase na campaña ”A cidade, sen o meu coche” que se celebra o sábado 22 de setembro con motivo do Día Europeo sen Coche. Durante a xornada reforzarase o servicio de transporte público para fomentar que os cidadáns deixen os seus vehículos particulares.
Limitarase o tráfico de vehículos, entre as 9:00 e as 21:00 horas, na área comprendida entre as rúas Colón-Policarpo Sanz-Elduayen-Llorente-Santa Marta-Ricardo Portela e Beiramar e no treito da rúa Urzaiz comprendido entre Sagunto e Gregorio Espino. Nesas áreas só se permitirá o paso de vehículos de transporte colectivo, de vehículos residentes e de emerxencias. Autorizarase a carga e descarga ata as 10:00 horas.
Para facilitar o aparcamento dos residentes destas áreas aumentaranse as prazas de estacionamento en Jenaro de la Fuente e o Areal e funcionarán de xeito gratuíto os aparcadoiros da praza da Estrela e das Avenidas.
Nenos e maiores poderán participar nunha marcha ciclista que sairá do mercado do Calvario ás 11:00 horas. Haberá roteiros con guía polo centro histórico que partirán ás 12:00 e ás 18:00 horas da praza da Princesa. Tamén se organizaron concertos de bandas de música ás 12:00 na praza Maruxa Mallo e nos xardíns das Avenidas ás 13:00 horas.
Pola tarde, haberá carreiras de patíns, patinetes e bicicletas a partir das 17:00 na praza de Compostela e teatro de monicreques ás 19:00 na praza da Constitución.
Unha exposición sobre a problemática do uso do vehículo privado nas cidades poderá ser visitada na nos xardíns das Avenidas, onde tamén estará un modelo de coche ecolóxico.
O proxecto ”A cidade sen o meu coche” principiou en 1998 en Francia e permitiu lanzar unha campaña de concienciación cidadá sobre a necesidade de reconsiderar os hábitos de mobilidade urbana para manter ou mellorar a calidade de vida nas cidades.
Este acontecemento pretende ser o primeiro paso dunha iniciativa a longo prazo dirixida a concienciar a opinión pública sobre a necesidade dunha nova mobilidade urbana, evitando as molestias causadas polo uso irracional do coche na cidade.
Descargar todas as imaxes