A modificación das ordenanzas fiscais centrará o pleno de setembro
A Corporación Municipal reunirase o próximo luns en dúas sesións plenarias. As nove da mañá un pleno extraordinario procederá ó sorteo de formación das mesas electorais para as vindeiras Eleccións Autonómicas de Galicia a celebrar no mes de outubro.
O total do censo electoral de Vigo é de 248.444 persoas. Os colexios electorais son 86, o número de seccións electorais 236, as mesas 360, e o total de membros a elixir nas mesas 3.240.
A sesión ordinaria do mes de setembro do pleno celebrarase a continuación da extraordinaria e céntrase basicamente na modificación de 23 ordenanzas fiscais para aplicar o próximo ano.
Outros temas que abordará o pleno son a proposta de adxudicación do concurso público para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo: a proposta de adxudicación do concurso de redacción do proxecto, execución das obras e subministración de equipamento museográfico da Casa das Palabras.
A Corporación acordará os festivos locais para o ano 2002, o catálogo de postos de traballo e guía de funcións de postos e servicios, así como a ampliación do saneamento das parroquias de Beade, Valadares, Zamáns e Saians.
A sesión extraordinaria comenzará as nove da mañá e terá lugar na sala de prensa e a ordinaria ás nove e media na sala museo.