Comezaron as obras no Pontillón
Xa principiaron as obras de conexión do parque de Castrelos co paseo de ribeira que nestes momentos se constrúe ao longo do río Lagares ata a avenida de Madrid. Preténdese facer un paso baixo a ponte do Pontillón que permita aos peóns cruzar ese vial sen risco pola marxe do río. Esta obra é outra das actuacións preparatorias dunha medida que o Goberno municipal quere aplicar nos próximos meses: a prohibición da circulación polo interior do parque de Castrelos.
Para executar estes traballos cortouse ao tráfico a baixada ao Pontillón. Este corte durará aproximadamente unha semana. Entrementres, permitirase a circulación de vehículos polo interior do parque de Castrelos en sentido único descendente dende a confluencia das rúas Corredoira e subida á Costa cara a avenida de Castrelos.