A Autoridade Portuaria pagará, nun prazo de seis meses, a súa débeda co servicio de abastecemento e saneamento de augas
A Comisión de Goberno autorizou ao alcalde a asinar coa Autoridade Portuaria un convenio para cancelar a débeda que mantiña este organismo polo impago dende 1992 das taxas correspondentes ao servicio de abastecemento e saneamento de augas. Coa sinatura deste convenio, a Autoridade Portuaria comprométese a cancelar a débeda de 627.586.567 pesetas antes de marzo de 2002.
Ademais, no convenio establécese que a partir deste mes a UTE Seragua FCC liquidará as taxas correspondentes aos consumos mensuais mediante a aplicación do sistema de “bloques de consumo”. O convenio terá unha vixencia de catro anos, durante os cales a Autoridade Portuaria se compromete a axeitar as súas redes interiores de abastecemento e saneamento ás prescripcións técnicas contidas no Regulamento do servicio.