Modificación de créditos para a execución das obras do contorno da praza da Independencia
O Pleno da Corporación aprobou unha moción urxente de modificación de créditos por un importe de 173 millóns de pesetas para facer fronte á execución das obras do contorno da praza de Independencia, conformado polas rúas Camelias, Pintor Colmeiro, Álvaro Cunqueiro, Regueiro e Pintor Lugrís.
A financiación da modificación de presupostos será a mesma que a destinada ás obras de execución subsidiaria das obras de ordenación da praza da Independencia.
Aprazamento das débedas tributarias dos traballadores de Gea
O Pleno aprobou, por unanimidade, unha moción de Progresistas Vigueses na que se propón o aprazamento das débedas tributarias dos traballadores do Grupo de Empresas Álvarez que o soliciten debido á súa situación económica.
Os traballadores de Gea non percibiron retribucións desde decembro de 2000 ata xullo de 2001, ademais da débeda que teñen por cobrar de dous millóns e medio de pesetas de media desde o ano 1994.
O Concello aplicará a normativa tributaria que permite o aprazamento ou fraccionamento de débedas sempre que a situación financeira do debedor lle impida transitoriamente facer fronte ó seu pago no tempo previsto.
Aproveitamento da fachada da antiga estación de ferrocarril
Aprobouse, por unaminidade, a moción do grupo municipal do Partido Popular na que se insta ó Goberno a facer as xestións necesarias para garantir que a fachada da antiga estación de Renfe se aproveite, integre ou acople ó novo proxecto de estación que se vai construír. A fachada foi desmontada por pezas que permanecen na estación de Redondela.
Descargar todas as imaxes