Os alcaldes do Eixo Atlántico pídenlle ao Goberno portugués que priorice a conexión de alta velocidade Vigo-Porto
O comité executivo do Eixo Atlántico decidiu solicitar unha entrevista co primeiro ministro de Portugal, Antonio Guterres, para manifestarlle o interese de tódalas cidades que forman parte da asociación en que o goberno luso priorice entre os seus investimentos a construcción dun enlace ferroviario de alta velocidade entre Vigo e Porto.
Os alcaldes do Eixo Atlántico consideran a conexión de Vigo e Porto mediante a alta velocidade como unha infraestructura esencial para a vertebración da eurorrexión. Pensan que as comunicacións na fachada atlántica quedarían coxas sen un moderno enlace ferroviario entre Galicia e o norte de Portugal e sinalan que esa eiva podería tamén repercutir negativamente no desenvolvemento dos portos da eurorrexión. O Eixo Atlántico encargou ás universidades de Vigo e do Miño un estudio sobre os beneficios socioeconómicos que suporía para Galicia e o norte de Portugal o funcionamento dunha rede de alta velocidade. Ese informe seralle trasladado ao goberno luso.
O comité executivo do Eixo Atlántico acordou tamén na xuntanza desenvolvida en Vigo convocar no mes de xaneiro a próxima asemblea xeral da organización. Nesa asemblea, que se desenvolverá en Porto, renovarase o comité executivo e elixirase un novo vicepresidente en substitución do alcalde de Braga.
Outro acordo do comité executivo foi o de realizar en Gaia unhas Xornadas sobre Protección Civil e Seguridade que servirán para que os responsables municipais destas areas intercambien experiencias e coñecementos.