O Concello de Vigo colabora co programa ”Dende o Atlántico ao Mediterráneo”
Un grupo de alumnos de institutos de Galiza e Portugal viaxarán mañá a Barcelona para representar a lingua galega e portuguesa nun acto que se vai celebrar con motivo das Festas da Mercé en conmemoración do Ano Europeo das Línguas. O Concello de Vigo colabora con esta iniciativa na que participa o IES de Coruxo.
A Comunidade Europea declarou 2001 como “Ano Europeo das Linguas”, coa finalidade de promocionar o coñecemento da riqueza lingüística existente no noso continente, como forma de axudar á integración europea. Para iso, promove a celebración de actos públicos nos que os cidadáns europeos teñan a oportunidade de tomar conciencia da variedade lingüística de Europa.
O Centro UNESCO de Catalunya, en colaboración co Ajuntament de Barcelona programou, para as Festas da Mercé, un extenso programa de actividades culturais, entre as que está o acto denominado ”Cancións do mundo”, a celebrar no Passeig de Grácia o domingo 23 de setembro. Neste acto, escolares de diferentes centros exporán os seus traballos ante o público e os medios de comunicación.
Desde o Atlántico ao Mediterráneo
O espectáculo que ofrecerán os centros galegos e portugueses denomínase “Desde o Atlántico ao Mediterráneo“ e consisitirá nunha mostra de diversos aspectos da cultura e da lingua galego-portuguesa. Temas como o mar, a emigración, a escravitude, a morte, a beleza ou a solidadriedade van estar presentes nos textos e nas cancións do alumnado. Tamén terá unha presencia destacada a Comunicación Simultánea con Xestos Internacionais como unha forma de aproximación a calquera lingua extranxeira e como unha técnica para complementar a comunicación internacional.
A aportación do espectáculo para o “Ano Europeo des Línguas” consiste, ademais do anterior, no seu aspecto multilingüe: haberá textos en lingua galega, portuguesa, ioruba de Nixéria e wolof de Senegal, acompañados por xestos da Lingua Internacional GESTUNO e da Lingua de Signos de Portugal. A presentación será feita en catalán.
Fernando Pessoa, José Afonso, Manuel Alegre, Daniela Mercury, Angelique Kidjo, Ramón Cabanillas, Rafael Dieste, Eduardo Pondal ou Yousou N´Dour son algúns dos autores que serán interpretados polos diferentes grupos de alumnos ao longo do espectáculo, que contempla desde música en directo, declamacións, dramatizacións e cancións.
Participantes
-Escola Secundaria de Melgaço
-Escola Secundaria “ Cal Brandao “ de Porto
-Escola Artística “ Árvore “ de Porto
-IES “ Pedra da Auga “ de Ponteareas
-IES de Coruxo de Vigo
-IES “ Terra de Turonio “ de Gondomar
-IES “Luís Seoane “ de Pontevedra
O Ajuntament de Barcelona, con motivo da recepción desta embaixada cultural, convidou tamén aos citados Concellos galegos e portugueses para participar con representantes institucionais nas Festas da Mercé, que este ano teñen un marcado carácter sociocultural, a modo de “antesala” do Fórum Mundial das Culturas que terá lugar en Barcelona no 2004. A concelleira de Educación e Muller, Ana Gandón, será quen se desprace a Barcelona acompañando aos rapaces e rapazas dos institutos galegos.