O Concello investirá 75 millóns de pesetas en renovar o vestiario do persoal municipal
O Concello de Vigo vai investir 75.404.287 pesetas en renovar o vestiario do persoal municipal. A meirande parte desa cantidade vaise empregar en adquirir roupa e elementos de seguridade para a policía local e os bombeiros.
Serán 36 millóns de pesetas os que se dediquen á compra de prendas para os axentes da policía local. Mercaranse 355 anoraks e a mesma cantidade de botas, cazadoras e chaleques. Tamén se van adquirir 300 pantalóns de augas, 58 cascos para motoristas e máis de 700 gorras regulamentarias.
No caso dos bombeiros, o investimento será de 20 millóns de pesetas, que servirán para mercar pantalóns ignífugos, cascos integrais, traxes de auga, luvas, sudadeiras e chandals.
Convocadas subvencións para investimentos en locais de asociacións sen ánimo de lucro
O Goberno municipal decidiu destinar 25 millóns de pesetas a subvencionar obras que as asociacións sen ánimo de lucro realicen nos seus locais. As subvencións irán destinadas a arranxos e reformas das instalacións ou á adquisición de equipamento. Para recibir estas axudas esíxese que os locais en cuestión se dediquen a prestar servicio ao público e que as obras teñan algunha outra fonte de financiamento.