Catorce grupos de música utilizan o local municipal habilitado para ensaiar
Arredor de 70 rapaces acoden cada día ó local habilitado pola Concellería de Xuventude para ensaiar, preparar os seus temas e encontrarse con membros doutros grupos cos que comparten ideas e propoñen iniciativas para facer emerxer un novo movemento musical en Vigo.
Esta iniciativa enmárcase no programa ”Móvete con Vigo”, da Concellería de Xuventude, que ten como obxectivo dar resposta ás afeccións desenvolvidas sen ánimo de lucro e de carácter artístico, cultural, deportivo e formativo da mocidade.
A Concellería de Xuventude promove tamén actuacións co fin de que estes grupos poidan amosar os seus traballos, tanto nos Castroconcertos organizados durante o verán como nos que se incluirán na vindeira programación das Noites Vivas.
Desde a posta en funcionamento do local de ensaio municipal, situado na Casa da Xuventude, o gran número de grupos musicais que se inscribiu obrigou a ampliar os prazos de apertura previstos. Actualmente, ensaian no local 14 grupos de diversos estilos musicais e existe unha lista de agarda, integrada por 21 grupos máis ós que se intentará dotar doutro espacio acondicionado para que tamén poidan tocar.