Escoitar

Preséntase a película Ilegal, que contou co apoio do Concello de Vigo

venres, 14 set 2001
A película Ilegal, de Ignacio Vilar, contou coa colaboración do Concello de Vigo e foi producida por Vía Láctea Filmes, Producciones Faro e Cartel. O filme rodouse en Galicia e Marrocos.

Ilegal está protagonizada por Emma Suárez e por Joaquim de Almeida e no reparto figuran Chete Lera, Luis Tosar e Josito Porto, entre outros. A trama vai de dous xornalistas que investigan as mafias que controlan o tráfico de inmigrantes ilegais entre África e Europa.