Escoitar

O alcalde asiste á apertura do curso escolar no colexio público Pintor Laxeiro

xoves, 13 set 2001
imx547.jpg
Acto de inauguración
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, asistiu ó inicio do curso nun colexio público da cidade. O Pintor Laxeiro é un dos 34 centros de ensino vigueses que contan con comedor escolar este ano. O Concello habilitou o local no que se vai situar o comedor e realizou obras de mellora no patio do centro.

O impulso da Concellería de Ensino conseguiu que se triplicase o número de centros que ofrecían o servicio de comedor desde 1998. Esta concellería investiu 17 millóns en acondicionar os centros para que poidan ofrecer este servicio.
Descargar todas as imaxes