Escoitar

Póñense en marcha as Mesas de Traballo do Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área Funcional

xoves, 13 set 2001
Hoxe comeza a primeira rolda de reunións das denominadas Mesas de Traballo do Plan Vigo 2010. Nas próximas semanas realizaranse 14 reunións nas que se tratarán diversos temas clave para a elaboración do Diagnóstico Estratéxico da cidade. As reunións contarán coa participación de máis dun cento de profesionais e responsables de empresas e institucións, coñecedores da realidade viguesa.

Estas sesións de reflexión e intercambio de ideas teñen por obxectivo enriquecer e profundizar os resultados previos da análise da situación estratéxica de Vigo e da súa Área Funcional que vén realizando o Equipo Técnico do Plan, a partir da información documental e de traballo de campo recollida nos últimos meses.

Da mesma maneira, a partir de agora, as Mesas seguirán en contacto co Equipo Técnico do Plan e engadirán as contribucións de todos aqueles que desexen colaborar a través dos canles de participación do Plan Vigo 2010 que se abrirán proximamente.

Os resultados das Mesas de Traballo e demais contribucións que se reciban veranse adecuadamente reflectidas no documento do Diagnóstico Estratéxico de Vigo e da súa Área Funcional. A versión preliminar deste escrito presentarase no mes de decembro.

A finalización dos traballos de elaboración do Plan Vigo 2010, está prevista para mediados de 2002.