Escoitar

A final do Campionato Galego de triatlón disputarase este domingo en Bouzas

mércores, 12 set 2001
imx541.jpg
XV edición
O XV trofeo ”Cidade de Vigo” de triatlón celebrarase o domingo 16 de setembro onda a praia de Bouzas. Este evento constitúe a final do Campionato Galego desta práctica deportiva.

O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, explicou que estas probas serven para potenciar o deporte base e anunciou a creación da Escola Municipal de Triatlón na que poderán iniciarse os rapaces interesados.

A primeira proba consiste en nadar 750 metros na praia de Bouzas, logo os participantes deberán dar catro voltas de 5 Km a un circuíto que transcorre desde os boxes de Bouzas e a rotonda de Ricardo Mella pola circunvalación de Bouzas-Castrelos, treito que permanecerá cortado ó tráfico, e concluirán despois de correr 5 Km, dando volta e media ó paseo marítimo de Bouzas.

Os favoritos para a victoria final son o diploma olímpico Iván Raña, actual campión de España de triatlón e campión do mundo de acuatlón: Juan Izquierdo: David Castro: Carlos David Prieto: Xavier Isati: Carlos Piñeiro e Javier Gómez Noya.

Na proba feminina competirán polo título Natalia Raña, Luisa Ibáñez, Cecilia Seoane e Susana de Marco, entre outras.
Descargar todas as imaxes