O Concello reitera que o 15 de setembro deberán estar rematadas as obras de canalización no centro da cidade
A comisión mixta de seguimento das obras de canalización avaliou o estado dos traballos na área comprendida entre a rúa Coruña, Gran Vía, Pizarro, Travesía de Vigo e Isaac Peral, na que as empresas tiñan de prazo ata o 15 de setembro para a finalización das obras. Segundo as inspeccións realizadas confírmase que as gavias poden estar pechadas antes da data límite.
A comisión, integrada polo concelleiro Uxío González, técnicos municipais de Vías e Obras, de Tráfico e Policía, só detectou un problema na canalización do gas na rúa Rosalía de Castro. A errónea colocación da tubería por enriba da rede de abastecemento de auga obrigará á súa retirada. Indicóuselle á empresa que nesa rúa deberá acometer, a partir de hoxe, a canalización baixo o vial no menor espacio de tempo posible.
Asemade, o Concello deulles ás operadoras un prazo de tres meses para repoñer a pavimentación que quedou en malas condicións alí onde realizaron obras. Antes do 27 de outubro están obrigadas tamén á reposición da sinalización horizontal e vertical.