Escoitar

Vigo acollerá unha velada homenaxe ó campión de boxeo Pedro Ferradas

luns, 10 set 2001
O Campionato de España superwelter disputarase entre o actual campión, o vigués Jorge Araújo, e o aspirante ó título J. Ramón Escriche, nunha velada que se celebrará o venres 21 de setembro ás 22:30 no pavillón de deportes das Travesas.

Oito combates profesionais disputaranse na mesma velada, retransmitida en directo por Canal Plus, que servirá de homenaxe a Pedro Ferradas trala súa retirada do boxeo.

Peso super welter-10r.
JORGE ARAUJO (Galicia, campión 10-0-1 ) vs JOSE RAMON ESCRICHE (Aragón, aspirante 29-6-1)

2º Combate Internacional Peso Pesado-6 r
DAVID BLANCO (Galicia, 3-1-2) vs ABELO DE JESUS (Portugal)

3º Combate Internacional Peso Pesado-6 r
EDUARDO FERNANDEZ (Madrid, 12-0 ) vs JERSON DOMINGOS (Portugal)

4ºCombate Internacional Peso Super Welter-6r
RUBEN VARON (Madrid, 11-2-0) vs ATTILA KISS (Eslovaquia, 3-13)

5º Combate Nacional Peso Super Lixeiro 6r
IVAN POZO (Galicia, 5-1-0) vs RICARDO VIEIRA (Portugal)

6º Combate Nacional Peso Lixeiro 4r
ALBERT AlRAPETIAN (Málaga, 9-1) vs F. JOSE BABIANO (Madrid, 1-1)

7º Combate Nacional Peso Lixeiro 4r
OMAR ISRAEL (Madrid, 1-2) vs SERGIO ”Teti” ALOMO (Madrid, 3-0)

8º Combate Internacional Peso Super Lixeiro 4r
SANTIAGO CAÑADA (Madrid, 4-1) vs J. ALBERTO MATIN (Bilbao, 4-2)