Escoitar

A Escola Obradoiro Vigozoo permitirá a formación profesional ocupacional de desempregados

luns, 10 set 2001
A Comisión de Goberno aprobou un proxecto de obradoiro de emprego en Vigozoo destinado á formación de 45 persoas, maiores de 25 anos, que mellorarán as instalacións municipais do zoo. No curso impartiranse as especialidades de carpintería, construcción e xardinería.

O programa terá unha duración de 12 meses durante os que os alumnos-traballadores terán un contrato laboral e percibirán o salario correspondente. Realizaranse distintas actuacións tales como o axardinamento de zonas, coidado da vexetación, planeamento vexetal de novas zonas, melloras respecto ós habitáculos dos animais e acondicionamento de instalacións.

O presuposto total previsto é de 130.058.370 millóns de pesetas, das que se solicitaron á Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude 109.223.370 pesetas. O organismo Vigozoo destinará 16.835.000 pesetas para a adquisición de materiais e a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, 4.000.000 pesetas para ferramentas, utillaxe e maquinaria.

De ser aprobado o proxecto pola Xunta de Galicia, o programa iniciarase en decembro. A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego encargarase da súa xestión e o organismo municipal Vigozoo supervisará o desenvolvemento do programa.