O Concello saca a concurso as obras de humanización da rúa Urzaiz
A Comisión de Goberno do Concello de Vigo acordou sacar a concurso a contratación das obras de humanización de Urzaiz, no treito comprendido entre as rúas León e Aragón. A intención do Goberno municipal é a de adxudicar os traballos este mesmo ano para poder comezar a executar a obra a principios de 2002, simultaneamente á construcción dun aparcamento soterrado baixo a rúa Jenaro de la Fuente.
O obxectivo desta actuación é o de frear o declive do barrio do Calvario reactivando a zona como área comercial mediante a intensificación do uso peonal. A idea é a de crear un “centro urbano local” que facilite a utilización desa área como zona de ocio e de paseo.
As obras consistirán na ampliación das beirarrúas de Urzaiz e a colocación de lousas de granito. A calzada reducirase a un só carril de circulación e pavimentarase con lastros de granito. Tamén se renovará o mobiliario urbano con bancos de madeira, papeleiras de metal e luminarias. Toda a rúa estará flanqueada de árbores. Crearanse dársenas de carga e descarga e instalaranse colectores de lixo soterrados.
O presuposto desta obra é de 145 millóns de pesetas. Será, xunto coa construcción dun aparcamento soterrado en Jenaro de la Fuente, o primeiro paso no Plan de Rexeneración do Calvario elaborado polo Goberno municipal.
A praza do Progreso será remodelada este outono
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de remodelación da praza do Progreso co fin de poder acometer a obra este mesmo ano. Con esta actuación preténdese facer un espacio máis acolledor que permita recuperar a praza como zona de descanso ou de paseo.
O proxecto consiste en crear unha zona de paseo no centro da praza cuberta con enredadeiras sobre pérgolas de madeira. Ademais, dotarase a zona de mobiliario urbano como bancos de madeira, papeleiras e un novo alumeado. O proxecto foi redactado por arquitectos municipais e ten un presuposto de 16.258.213 pesetas.
Apróbase a contratación da obra de cubrición das pistas de Coutadas-Teis
A Comisión de Goberno aprobou tamén a contratación da obra de cubrición das pistas de Coutadas-Teis, como primeiro paso para mellorar esta zona deportiva. Aprobouse un importe de 17 millóns de pesetas para a realización destas obras, que se licitarán e executarán antes de que finalice o ano.
Descargar todas as imaxes