O artista Antonio Abad expón a mostra “No camiño” na Casa das Artes
Unha colección de obras realizada polo pintor Antonio Abad permanece exposta ata o 7 de outubro na Casa das Artes. O artista constrúe a cor e a figura sobre a base do contraste, a ruptura das formas e o compromiso co novo. Nos interiores, paisaxes, mariñas e figuras utiliza pastel, óleo e acrílico.
Biografía de Antonio Abad
1953.- Nace en Vigo
1979-80.- Escola de Belas Artes e Oficios (Debuxo artístico)
1990.-Fai a súa primeira exposición individual
1993.-Organiza varias exposicións conxuntas polo norte de Portugal
1994.-Crea o seu propio estudio-obradoiro onde imparte clases de pintura
1995.-Intensa actividade con exposicións individuais en distintas cidades de España
1996.-Entra a formar parte de varias asociacións federadas de artistas nacionais
1997.- Expón en Portugal, Italia e Francia
1998.-Chámano para expoñer en varios salóns de Francia e concédenlle a Mención de Honra de Naturezas Mortas
1999.-Participa no III Saló Internacional d’Arts Plastiques Acea en Barcelona no que acada o 1º Premio Técnica Pastel
-Participa no VII Trofeo Remo Brindisi de Ferrara (Italia) e acada o Diploma di Merito
2000.-Participa na mostra colectiva de pintores españois en Nova York onde obtén unha importante aceptación
-Participa no XXVIII Salón Internacional du Val Dór Meillant
Descargar todas as imaxes