Inaugúrase a mostra “Francisco G. Lagares, 20 anos de pintura”

Unha exposición do artista de orixe vigués Francisco G. Lagares abre hoxe as portas na Casa das Artes. Está integrada por 50 óleos que constrúen un mundo de figuras e cores nos que se nota a paleta e o trazo dunha cidade proletaria e sempre vangardista que foi o Vigo do século XX, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.
Biografía de Francisco G. Lagares
1944. Nace en Vigo, na avenida de Castrelos. Desde a infancia fai frecuentes visitas ó Museo do Pazo Quiñones de León, onde lle esperta o seu interese pola pintura.
1959. A súa familia trasládase a vivir a Madrid, onde o futuro pintor acaba o bacherelato e comeza estudios de enxeñería técnica de telecomunicación, que abandona.
1962. Reside temporalmente en Barcelona, onde incrementa a súa formación artística.
1963. Regresa a Madrid, onde se establece definitivamente, se ben, todos os veráns volve a Galicia, pasando un mes na Ramallosa. Renova os seus contactos con Vigo.
1964. Estudia música no Real Conservatorio da capital de España e asiste ás clases libres da Escola Superior de Belas Artes de San Fernando e ás do Círculo de Belas Artes.
1974. Participa nas exposicións ó aire libre da praza da Princesa, auspiciadas polo concello durante as festas de verán. Acode a diversos certames en Puertollano, Majadahonda e Sevilla.
1982. Viaxa por Francia e reside unha tempada en París, desde onde estende as súas viaxes por Italia.
1984. Viaxa a Marrocos e participa en Arco 84 coa Galería NOVART.
1992. Participa nas tertulias artísticas dos cafés de Lyón e Andújar. Cofunda o grupo plástico ”Nueve expresiones” e ilustra o libro ”Galicia”, do poeta portorriqueño Rivera Cheuremont.
A partir desta data as súas exposicións sucédense en toda España e en diversos países de Europa e América Latina.
Descargar todas as imaxes