O Concello organiza un ciclo de concertos para conmemorar o Ano Europeo das Linguas
A Concellería de Normalización Lingüística, en colaboración con Caixanova, organiza o ciclo de actuacións musicais ”As músicas faladas” con motivo da celebración do Ano Europeo das Linguas.
O 7 de setembro actuará Michael O’Brien (Irlanda): o 13 de outubro, Lluís Llach (Cataluña) e o 2 de novembro, Amaia Zubiría (Euskadi). Os concertos celebraranse no Centro Cultural Caixanova ás 22:30 horas.
A concelleira Carme Martínez-Corbalán explicou que a través da música se pode representar o contido da diversidade lingüística. Pola súa parte, o responsable de Caixanova Guillermo Brea afirmou que a música é o canle universal de comunicación entre os pobos.
Durante todo este ano realízanse en Europa actos e actividades encamiñadas a pór de manifesto a diversidade lingüística e cultural que pretenden servir para favorecer o coñecemento e contacto coas linguas menos desenvolvidas. A propia organización fai un chamamento a participar nas actividades programadas e ós responsables políticos a informar, favorecer o debate, cooperar e proporcionar as actuacións que lles ofrezan ós cidadáns contacto con realidades culturais alleas sen descoidar as propias.
Na Declaración 1943/2000 do 17 de xullo, o Parlamento e o Consello da Unión Europea aproban a conmemoración do ano 2001 ”Ano Europeo das Linguas”, e o 26 de setembro como ”Día Europeo das Linguas”. Declárase que ”a diversidade lingüística constitúe un elemento clave da herdanza cultural europea e do seu futuro. Todas as linguas faladas en Europa xogan un papel esencial neste sentido”.
Máis información
Máis información
Descargar todas as imaxes