Ábrense as plicas das empresas que optan a elaborar o proxecto do metro lixeiro
A Comisión de Novos Proxectos Urbanos, que preside Carlos Príncipe, recibiu da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a confirmación da presentación de tres ofertas de empresas que optan ó concurso para a contratación da asistencia técnica para a realización do proxecto de construcción dunha rede de metro lixeiro na cidade de Vigo.
O presuposto da contrata é de 150 millóns de pesetas. As empresas que concorreron á convocatoria son: Macla Ingenierías, S.L. (presuposto de 129.225.000 pesetas) Proyectos y Servicios, S.A. e Incat en U.T.E. (138.991.200 pesetas) e Idom, S.A. y Servicios Omicrom, S.A. en U.T.E. (142.500.000 pesetas).
O prazo de execución do proxecto é de 14 meses e a fianza provisional de 3 millóns de pesetas.