O manual ”Modelos de documentos para asociacións” facilitaralle o labor administrativo ós colectivos

As concellerías de Participación Cidadá e Normalización Lingüística editaron o manual ”Modelos de documentos para asociacións” coa finalidade de facilitarlle o labor ás persoas que participan activamente no movemento asociativo e coa intención de promover a normalización do galego nas tarefas burocráticas dos colectivos.
Neste libro amósanse máis de cen modelos de documentos administrativos esenciais para a súa aplicación co fin de que poidan serviren de apoio ás asociacións non lucrativas. Estes modelos son susceptibles de seren adaptados ás propias necesidades e particularidades das distintas organizacións.
Fíxose unha recompilación de información básica para a creación dunha asociación e os procedementos para a súa legalización. Os modelos que se ofrecen son de carácter económico, relativos á xestión de secretaría do centro ou asociación, á programación de actividades ou ós socios.
Realizouse unha tirada de 1.000 exemplares do manual, que tamén está dispoñible en formato CD e proximamente na páxina web do Concello de Vigo. O presuposto foi de 1.900.000 pesetas.
Descargar todas as imaxes