Escoitar

O concelleiro de Deportes presenta o calendario oficial dos clubes de Siareiros

venres, 14 set 2001
imx551.jpg
Carnés de Siareiros
Esta fin de semana comeza a tempada deportiva do club Siareiros, unha iniciativa pioneira das concellerías de Deportes e Xuventude que pretende potenciar a actividade dos equipos de elite da cidade e servir de axuda técnica e asesoramento para o deporte base.

”Oito equipos nas máximas categorías, unidos ó Real Club Celta, confírenlle a Vigo a honra de estar entre as dez cidades máis importantes a nivel deportivo do Estado español”, explicou o concelleiro Santiago Domínguez.

Siareiros é unha entidade sen ánimo de lucro, polo que os beneficios que xenere serán repartidos entre as entidades deportivas que forman parte do Club, os gastos da entidade xestora e a organización de eventos deportivos e campañas de promoción do deporte base.

As vantaxes de posuír a tarxeta de Siareiros son a posibilidade de asistencia gratuíta a calquera partido disputado na cidade no que participe algún dos clubes de elite asociados.

A primeira xornada do Pilotes Posada Octavio disputarase contra o CD Bidasoa o 22 de setembro no pavillón central das Travesas.

Celta Banco Simeón xogará contra o Caja Rural Canarias o 6 de outubro no pavillón central das Travesas e o Recom Airtel Vigo contra o Feroplas/H. Ciudad de Burgos o 7 de outubro.

O Club Vigo Voleibol e o CV Portol xogarán o 6 de outubro no pavillón de Coia e o Helios Zorka contra o Baloncesto Ponferrada o 15 de setembro no pavillón do Berbés.

O Xuvenil Teis e o CD Universitario Airtel inician a tempada o 21 de outubro no pavillón de Teis, o Amfiv Basketmi contra o Valle Camargo xogarán o 3 de novembro no pavillón do Carme e o CP Vigo Stick e o CH Lloret farano o 6 de outubro.
Descargar todas as imaxes