Remataron as obras de mellora do barrio de Espiñeiro
Esta semana remataron os traballos de mellora do barrio de Espiñeiro, en Teis, onde se investiron máis de 32 millóns de pesetas. O proxecto, xestionado pola Concellería de Infraestructuras, contou coa colaboración económica do Instituto Galego da Vivenda e o Solo e da Deputación de Pontevedra.
As obras consistiron na renovación integral da rede de saneamento, na reparación do sistema de abastecemento de auga e no soterramento das canalizacións eléctricas. Tamén se procedeu á reposición dos pavimentos, beirarrúas e o alumeado público.
Con estes traballos, demandados hai tempo polos veciños do barrio, solucionáronse problemas de asolagamento nas rúas, e de filtracións e humidades nos edificios.