Teis disporá dun centro cívico e social e dun auditorio
A Comisión de Goberno acordou convocar un concurso para a construcción dun auditorio na finca Cobas, en Teis, e para realizar o peche perimetral do recinto. O Concello investirá neste proxecto 93 millóns de pesetas.
Esta obra forma parte dun plan que pretende dotar os barrios de Vigo de centros cívicos e sociais. Actualmente, en Teis xa está en marcha a obra de construcción do centro cívico do barrio, que ocupará a antiga vivenda situada na fica Cobas. A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, anunciou que se inaugurará en novembro e contará cun punto de atención municipal, aulas de informática e unha ludoteca.