Escoitar

O programa ”Vigo, unha cidade de cine” dará a coñecer a historia dos barrios vigueses

martes, 18 set 2001
imx565.jpg
Programa
A Concellería de Participación Cidadá realiza un programa de investigación social para facer un guión cinematográfico sobre a memoria da cidade de Vigo a partir das historias de vida dos seus habitantes.

A concelleira Mariló Cabaleiro explicou que este programa pretende tratar a evolución urbana, costumes e formas de vida a través de recordos, vivencias e fotografías cos que se realizará un documental sobre os barrios de Vigo.

O traballo de campo, iniciado en xuño, consiste na realización dunha serie de entrevistas en video dixital ás persoas seleccionadas polos colectivos. A través das historias de vida recóllese a evolución do espacio da cidade e gravaranse tamén paseos polos barrios de Lavadores, Valadares e Coia.

Proxectaranse películas e documentais pertinentes desde o punto de vista urbán e da aplicación do método semellante ó seguido nesta investigación e logo debaterase sobre cómo debe construírse o guión documental sobre a cidade de Vigo.

O procesamento do material dixital realizarase a través dun video-documental, dun Cd-rom e dunha páxina web. O presuposto destinado á elaboración deste proxecto é de dous millóns de pesetas.


Programa

Sesións:
-A construcción social da información
-Documentos persoais, historia oral
-Métodos de investigación, acción e participación social
-Visualización do material audiovisual recollido en traballo de campo
-Traballo con material traído polos participantes
-A construcción dun guión sobre os barrios de Vigo

Horarios:
-Luns, de 16:30 a 19:00, no Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares.
-Martes, de 16:30 a 19:00, no local da Asociación Veciñal Cristo da Victoria de Coia.
-Venres, de 16:30 a 19:00, no local da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Lavadores-Villa Galicia.
Descargar todas as imaxes