Escoitar

A Concellería de Xuventude pon en marcha as Brigadas Verdes para limpar o Castro

martes, 18 set 2001
imx564.jpg
Parque do Castro
A Concellería de Xuventude, en colaboración co grupo ecoloxista Erva, pon en funcionamento, a partir do vindeiro sábado 22, as Brigadas Verdes co obxectivo de concienciar a mocidade sobre a necesidade de conservación do parque do Castro para que sexa un lugar de encontro emblemático sen degradalo.

Estas Brigadas percorrerán os sábados pola noite os lugares do Castro nos que se concentra máis xente, recollerán o lixo e falarán cos mozos para suxerirlles un comportamento cívico. ”Trátase dunha limpeza física e activa”, explicou Diego Rodríguez, membro do grupo Erva.

”O ideal sería que os rapaces se unisen a esta iniciativa e formasen parte das Brigadas para que, co paso do tempo, eles mesmos tomasen conciencia e se introducisen na cultura de non ensuciar o lugar”, dixo Diego Rodríguez.

Santiago Domínguez explicou que entre as actividades organizadas pola Concellería de Xuventude nese contorno está o cíber municipal, polo que xa pasaron preto de 7.000 mozos, os obradoiros, un circuíto de skate e concertos das Noites Vivas ós que asistiu unha gran cantidade de público. Unidas a estas actividades nacen as Brigadas Verdes coa pretensión de que ”os mozos se autorresponsabilicen e defendan o propio contorno”, manifestou o concelleiro.
Descargar todas as imaxes