O presidente da Fegamp apoia a constitución da Área Metropolitana de Vigo
O presidente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Lois Pérez Castrillo, xunto cos tres vicepresidentes desta entidade, Xosé Manuel Barros, Manuel Rial e Xaime Rei, e o xerente, Adolfo Neira, presentáronlle ó presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Manuel Cabezas, o anteproxecto de lei para crea-la Área Metropolitana de Vigo.
Nesta xuntanza, a Fegamp amosou o seu apoio decidido á constitución da Área Metropolitana de Vigo, primeira que se constitúe en Galicia, dado que considera moi importante para o desenvolvemento da Administración local a creación de organismos de xestión supramunicipal.
No mesmo senso, Manuel Cabezas, presidente da Fegamp, afirmou que se reunirá nas vindeiras datas co presidente da Xunta en funcións, Manuel Fraga, para trasladarlle este apoio á Mancomunidade de Vigo no proxecto que van a levar a cabo.
A Mancomunidade de Vigo mantivo esta reunión coa Fegamp, co obxectivo de cerrar un ciclo de entrevistas con distintos organismos para presentarlles o proxecto da Área Metropolitana como Zona Franca ou Deputación Provincial de Pontevedra. No caso da Fegamp a reunión ten maior importancia dado que a creación da Área Metropolitana supón un impulso as actuacións enmarcacadas no denominado Pacto Local nun amplo senso, posto que supón a cesión de competencias e financiamento dende a Comunidade Autónoma ás administracións locais, que representa a Fegamp diante da Xunta de Galicia.