A ruta pola serra do Galiñeiro do programa "Vigo camiño a camiño" non se realizará este domingo
A ruta prevista inicialmente para o domingo 9 de marzo pola serra do Galiñeiro dentro do programa "Vigo camiño a camiño" da Concellería de Medio Ambiente queda suspendida para non interferir no proceso electoral.
Aínda que "Vigo camiño a camiño" é unha campaña de educación medioambiental posta en marcha polo Concello de Vigo á marxe da campaña electoral, a Concellería prefire evitar calquera interferencia na xornada das votacións.
A Concellería de Medio Ambiente aproveita a ocasión para desculparse polas molestias que este cambio poida ocasionar e lembra que o domingo día 16 de marzo se retomará o programa seguindo o calendario previsto. Os participantes poderán realizar o percorrido pola serra do Galiñeiro, enclave distinguido pola súa litoloxía, que conta con diversos medios forestais con alto grao de conservación onde se poderá observar a natureza máis propia deste medio.
Por outra parte, o venres 14 de marzo realizarase a primeira ruta das estrelas, tamén no marco do programa "Vigo camiño a camiño".