A praza 8 de Marzo acollerá a festa do Día Internacional da Muller
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Consello Municipal da Muller de Vigo celebrará o vindeiro sábado 8 de marzo unha gran festa co obxectivo de facer visible o traballo que están a desenvolver as asociacións que compoñen o Consello e de gozar dunha xornada de convivencia e reivindicación.
Así o explicou este martes a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, na presentación desta festa. Iolanda Veloso sinalou que outra das finalidades da celebración é facer que se coñeza a praza 8 de Marzo, na rúa Camelias. Esta praza será transformada pola festa nun lugar de encontro para as mulleres da cidade e o público en xeral. Lucía Ocampo, representante de Mulheres Nacionalistas Galegas, aclarou que o programa inclúe a tal fin actos para nenas, mozas e mulleres adultas, así como para varóns de todas as idades, aos que convidou a "compartir co feminismo as actividades, a reivindicación e a festa".
Desde a mesma praza 8 de Marzo sairá, a partir das 12.00 horas, a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres co gallo do Día Internacional da Muller. A manifestación discorrerá ata a praza de América para reivindicar polas rúas da cidade a igualdade entre homes e mulleres. Neste sentido, a coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, Rosa Fontaíña, afirmou que "hoxe as mulleres seguen loitando polos seus dereitos", vivindo en moitos casos "maltratadas e discriminadas".
Actividades
As actividades previstas, que se desenvolverán de xeito ininterrompido de 10.00 a 20.00 horas, perseguen a participación activa das e dos asistentes. Así, o público poderá participar coas súas mensaxes na elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller.
A ambientación musical da praza correrá a cargo de mulleres Djs que pincharán temas musicais de variados estilos interpretados por mulleres. Unha artista graffiteira porá o toque de cor coa elaboración in situ dunha grande obra relativa á celebración do 8 de marzo.
Pola súa parte, as actrices Natalia Outeiro "Pajarito" e Natividade Juncal serán as encargadas de dinamizar as actividades que se desenvolverán durante a xornada. Natalia Outeiro representará, a partir das 18.00 horas, o seu espectáculo "La vida loca", consistente nunha exhibición de clown, escapismo e maxia na que a artista conxuga a tenrura co humor.
Tras esta representación, ás 19.00 horas, a compañía Pífano Teatro porá en escena "Rotas", unha obra interpretada polas actrices Mela Casal e Gloria Ferreiro, baixo a dirección de Javier Picallo. Nesta montaxe, baseada en monólogos recollidos de boca de mulleres maltratadas, as dúas actrices dan vida a dúas mulleres que, a pesar das súas diferentes condicións sociais, están unidas polo medo, a vergoña e o desamparo que sofren por mor dos malos tratos. A obra é un alegato contra a violencia de xénero e unha denuncia contra a tortura e o asasinato que sofren as mulleres.
Ademais, durante toda a xornada permanecerá aberta a exposición "Imaxina e comparte máis", que pretende ser un espello que reflicta e reflexione sobre a situación das mulleres. A mostra amosa, a través de ilustracións e textos, moitas das situacións de desigualdade que se producen tanto no eido persoal e familiar como no laboral.
A montaxe consta de dous soportes: por unha banda uns paneis que nos describen as situacións e expresións máis frecuentes na desigualdade e nos que prima o aspecto informativo. O texto está ilustrado con debuxos alusivos ao contido explicativo. Por outra parte, compoñen a mostra uns cubos nos que o contido principal é o debuxo, nalgúns casos acompañados dun breve texto.
As nenas e os nenos que se acheguen á praza tamén poderán participar nunha actividade de contacontos, na lectura de contos e recibirán agasallos como contos, chapas, globos ou pinturas. Así mesmo, chapas, globos, libros, contos, pinturas e axendas son algúns dos materiais cos que a organización agasallará a todos os asistentes.
Nova imaxe
Todos e cada un dos elementos presentes na praza terán a imaxe da festa, que baixo o lema "VigA. A revolución comeza aquí" propón un simbólico cambio de xénero no nome da cidade "para transmitir que todo é susceptible de ser cambiado", tal e como afirmou Lucía Ocampo.
Por outra banda, o carácter urbano e xuvenil que se lle vai imprimir á festa con graffiteiras e Djs pretende pór en valor a linguaxe visual urbana de vangarda, caracterizada pola intervención como forma de rebeldía. Esta proposta convida a pensar no cambio dunha letra como moito máis que o cambio dunha letra.
Para facer chegar á cidadanía este evento, o Consello Municipal da Muller está a levar a cabo unha campaña informativa que inclúe a distribución de 15.000 folletos por toda a cidade e a utilización doutros soportes como "mupis" e o transporte público urbano. Así mesmo, distribuiranse entre o público asistente á festa 2.000 globos e 2.000 chapas coa imaxe desta campaña.
O Consello Municipal da Muller de Vigo está integrado por un total de 20 entidades, entre as que figuran representantes de asociacións de mulleres, grupos políticos con representación municipal, sindicatos, a Concellería de Igualdade e o Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes