O Concello e o Ministerio de Vivenda colaborarán no fomento do aluguer en Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a ministra de Vivenda, Carme Chacón, asinan na tarde deste martes en Madrid un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de políticas de fomento do aluguer na nosa cidade. A iniciativa coordinarase a través da Oficina Pública de Aluguer que o Concello porá en marcha a partir do próximo mes de xaneiro.
Caballero explicou que a vivenda alugada é "unha das patas" sobre as que descansa o seu proxecto de cidade, xunto coa vivenda en propiedade, tanto a libre como a protexida. Neste sentido, o alcalde adiantou que tratará coa ministra a situación dun Plan Xeral que está "nos días finais" do seu proceso de aprobación, e no que precisamente a vivenda constitúe un "elemento central".
Xunto á vivenda, o solo industrial será outro dos temas que centrarán a reunión de Caballero con Chacón. A este respecto, o alcalde lembrou que a FEMP está estudando un convenio de colaboración xenérico para que os concellos participen conxuntamente coa Entidade Pública Empresarial do Solo (SEPES) na delimitación do solo industrial dos seus territorios. Caballero afirmou que "saber as posibilidades nesa dirección" é un dos obxectivos do seu encontro con Carme Chacón.
Para o alcalde, a reunión coa ministra de Vivenda é unha mostra máis de que estamos nunha "etapa de relación directa do Goberno de Vigo con todos os ministros e ministras do Goberno de España e con todos os conselleiros e conselleiras da Xunta de Galicia".