Escoitar

Benestar Social pon en marcha a campaña "Nadal de cine para os maiores"

A Concellería de Benestar Social vén de pór en marcha a campaña "Nadal de cine para os maiores", unha iniciativa coa que pretende achegar as últimas novidades cinematográficas ás persoas maiores os días 11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de decembro.

martes, 11 dec 2007
Así, por só un euro e unha entrada, as persoas maiores de 65 anos poden elixir entre as películas que se atopan en carteleira e velas en calquera das salas de cine da cidade, no horario que lle resulte máis axeitado. As entradas están á súa disposición nos centros sociais de Teis, Coia, Bouzas, Calvario, Rivera Atienza, Fogar do Pensionista, nas vocalías de maiores das Asociacións de Veciños e nos centro de maiores da cidade.

Esta iniciativa intégrase na aposta da Concellería de Benestar Social por favorecer o avellentamento activo das persoas de máis de 65 anos, considerando que o achegamento ás actividades culturais que se desenvolven en Vigo xoga un papel fundamental.