María Méndez inaugura a campaña "De boa man"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, inaugurou este martes a campaña "De boa man", que ten o obxectivo de divulgar artigos de artesanía realizados por persoas usuarias de centros de discapacidade de Vigo. Os diferentes produtos poden mercarse ata o venres 14 de decembro nunha carpa situada na rúa Príncipe que será atendida en horario ininterrompido de 10.00 a 20.00 horas.
"Esta iniciativa, que xa alcanza a edición número doce, mellora cada ano, polo que temos que comezar a pensar nunha alternativa para que non se quede só nunha exposición temporal senón que sexa un proxecto de continuidade e futuro", sinalou a concelleira.
María Méndez indicou que nesta ocasión son oito as entidades con centros ocupacionais para persoas con discapacidade as que participan na campaña. Así, usuarios e usuarias de APAMP, ASPANAEX, DOA, Fundación Menela, San Rafael, ALENTO, ASPAVI e COGAMI expoñen e venden os seus diferentes artigos: cerámica, coiro, xoguetes, cadros, bisutería ou adornos de Nadal, entre outros.
Segundo María Méndez, esta campaña "é unha forma de facer que a diversidade sexa visible na rúa" e de que as persoas que elaboran os produtos sintan unha gran satisfacción "porque o seu esforzo se ve recoñecido".
Descargar todas as imaxes