O novo PXOM centra a reunión do alcalde con representantes do Colexio de Arquitectos de Vigo
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este martes no seu despacho unha reunión con representantes do Colexio de Arquitectos de Vigo para explicarlles os cambios introducidos no Plan Xeral.
![1195566594arquitectos201107.jpg 1195566594arquitectos201107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1195566594arquitectos201107.jpg)
Asistiron ao encontro, en representación do Colexio de Arquitectos, Salvador Fraga, José Antonio Fernández e Andrés Touceda. Ademais, a xuntanza contou coa presenza da xerente de Urbanismo, Xulia Chamosa.
Descargar todas as imaxes