Escoitar

Santiago Domínguez reúnese cos sindicatos para informalos sobre os cambios no Plan Xeral

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, reuniuse este martes no seu despacho cos secretarios comarcais de CIG, UGT e CC.OO. para facelos coñecedores dos cambios introducidos no Plan Xeral e explicarlles a postura do BNG ao respecto.

martes, 20 nov 2007
1195563553sindicatos201107.jpg
Domínguez indicou que este encontro é o primeiro dunha rolda de conversas con todas as entidades que forman parte do Consello Sectorial de Urbanismo, co obxectivo de "escoitar a opinión destes colectivos" sobre os cambios incluídos no informe entregado o pasado xoves polo equipo redactor e transmitirlles a posición do BNG sobre o novo Plan Xeral.

Ademais, o tenente de alcalde afirmou que o seu grupo mantén a súa esixencia de que se convoque o Consello, coa finalidade de dotar o Plan Xeral do "máximo consenso". Neste sentido, Domínguez avogou pola "unanimidade da Corporación e dos sectores económicos e sociais da cidade" de cara á aprobación definitiva do PXOM.
Descargar todas as imaxes