Escoitar

Alumnos de Deseño Téxtil e Moda expoñen en Esdemga 2.1

Esdemga 2.1 é o título da exposición que mostrará, a partir deste mércores e ata o 6 de xaneiro na Casa Galega da Cultura, os traballos realizados polos alumnos de 2º Curso dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia.

martes, 13 nov 2007
O ano pasado, Esdemga 2.0 presentouse en Pontevedra cunha moi importante repercusión. Na edición de 2007, a mostra parte das imaxes e referencias interpretativas de Robert Mitchun no filme "A Noite do Cazador" (1955), da obra de Larry Towell "The Mennonites", e da obra de Frank Díaz "Rober Mappelthorpe", coas que os alumnos referenciaron o seu traballo establecendo analoxías estéticas e conceptuais.

As prendas expostas son o resultado do proceso creativo de 25 alumnos da titulación durante un curso académico. A exposición consistirá nunha selección de 24 pezas finais, que parten nun principio de "cuellos" e "pecheras", e que derivan en estilismos montados sobre manequíns.

Esdemga 2.1 poderase visitar na Casa Galega da Cultura ata o 6 de xaneiro, nos seguintes horarios: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas; e os domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas.