Vigo acollerá o seu I Torneo Internacional de Pádel do 16 ao 24 de novembro
O I Torneo Internacional de Pádel "Cidade de Vigo" diputarase do 16 ao 23 de novembro no Círculo Mercantil e os días 23 e 24 no IFEVI, onde terá lugar a última fase. A final será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.
O pádel é "un deporte en auxe", segundo afirmou este luns o concelleiro de Deportes, Xavier Alonso, e para responder á demanda social cada vez maior o Concello colabora na organización deste I Torneo Internacional "Cidade de Vigo", que contará coas presenzas destacadas de deportistas campións e sucampións do mundo.
Estas figuras internacionais encadraranse na categoría masculina A e xogarán con invitación, mentres que na categoría B participarán xogadores de nivel medio-alto. Ademais, o torneo nace co obxectivo de potenciar o deporte feminino, que contará cunha categoría específica, e as categorías de base, cun campionato infantil. O prazo de inscrición está aberto ata as 19.30 horas deste martes.
As fases previas disputaranse do venres 16 ao venres 23 no Círculo Mercantil, e a fase final, o venres 23 e o sábado 24 no IFEVI, que contará para a ocasión co "Aventura Park", con actividades gratuítas dirixidas aos máis pequenos entre as que figurarán bicicletas ‘indoor’ e colchonetas elásticas. Está previsto que acudan a esta cita deportistas galegos de alto nivel como Óscar Pereiro e Álvaro Pino.
A gran final terá lugar no mesmo recinto de Cotogrande o sábado 24 a partir das 17.30 e será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia. Será a primeira vez que a canle autonómica ofreza un encontro de pádel en directo.
Descargar todas as imaxes