Escoitar

O MARCO celebrará o seu quinto aniversario con 34 horas ininterrompidas de actividades para todos os públicos

Sesenta meses, 1.825 días, 43.000 horas, 2.628.000 minutos... e 157.680.000 segundos: o 13 de novembro de 2007, o MARCO cumpre cinco anos dende a súa apertura ao público a finais do ano 2002. Para celebralo, o museo organiza unha programación especial con 34 horas ininterrompidas de actividades para o sábado 17 e o domingo 18.

venres, 9 nov 2007
1194615239paredcambre.jpg
Provisional Danza: Os homes tamén moven paredes
O 17 e 18 de novembro ten lugar a festa do quinto aniversario, cun amplo programa de actividades para distintos públicos: programación audiovisual, concertos, DJs, espectáculos de danza, títeres para familias, obradoiros didácticos, accións-performance e visitas guiadas, entre outros eventos.

Para esta ocasión especial, o museo permanecerá aberto ao público durante toda a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 horas do sábado ata as 21.00 do domingo. Unha noite branca na que se espera contar coa participación e asistencia de moitos visitantes.

O alcalde, Abel Caballero, mostrou este venres nunha rolda de prensa con motivo deste aniversario a súa "fonda satisfacción" pola traxectoria do MARCO, ao que cualificou de "referente en España da arte moderna". Caballero salientou a importancia do museo para que Vigo estenda o seu liderado tamén ao campo da cultura, asegurando que grazas ao MARCO a cidade "está cumprindo esa ambición". "Detrás deste museo hai alma, hai ambición e amor á cultura", engadiu o alcalde.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Xesús López, afirmou que "Vigo está de noraboa" porque co seu quinto aniversario o MARCO "certifica a súa maioría de idade". López indicou que a posta en marcha deste museo "foi un proxecto arriscado" que co paso dos anos se converteu nun "referente" e nun "elemento de orgullo" para todos os vigueses.
1194615239paredcambre.jpg
11946152653marias.jpg
1194615301marcocinco091107.jpg
Descargar todas as imaxes