O Concello achegará 64.000 euros ao Fondo Galego de Cooperación
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o presidente do Fondo Galego de Cooperación, Alfredo Novoa, asinaron este xoves un convenio polo que o Concello se compromete a achegar 60.000 euros para subvencionar proxectos de desenvolvemento no Terceiro Mundo e outros 4.000 para a realización de actividades de sensibilización social, difusión e axudas de emerxencia.
Através deste convenio, o Concello artella a súa participación no financiamento da convocatoria pública de axudas a proxectos e programas de cooperación para o desenvolvemento e de solidariedade que o Fondo Galego realiza durante 2007. A Xunta de Goberno local deu o seu visto bo ao texto do convenio de colaboración na súa reunión do pasado luns.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que, co apoio da FEGAMP, favorece a incorporación das entidades locais e provinciais de Galicia a dinámicas activas de cooperación. Deste xeito preténdese evitar a fragmentación das axudas e estimular a súa maior eficacia e coordinación, así como a implicación da cidadanía. O Concello de Vigo integrouse no Fondo Galego mediante acordo plenario en agosto de 1998.
En virtude do convenio asinado este xoves, o Fondo Galego de Cooperación comprométese a aplicar os recursos económicos achegados polo Concello de Vigo aos proxectos de cooperación para o desenvolvemento que resulten da resolución da citada convocatoria pública, garantindo os medios técnicos e humanos para a súa digna realización.
Despois de asinar o texto, Santiago Domínguez salientou a necesidade de "transformar as condicións de vida" do Terceiro Mundo e resaltou a importancia da sensibilización social para facer consciente á cidadanía de que "temos unha débeda cos países menos desenvolvidos".
Na mesma liña, María Méndez avogou pola estensión do benestar a estes países através de medidas tendentes á erradicación da pobreza e á consecución da igualdade entre homes e mulleres.
Pola súa parte, Alfredo Novoa centrou a súa intervención na urxencia dunha resposta por parte dos países desenvolvidos aos desafíos que afronta o Terceiro Mundo, recollidos pola ONU nos seus Obxectivos do Milenio. O presidente do Fondo Galego de Cooperación agradeceu a colaboración do Concello afirmando que "Vigo é unha cidade solidaria".
Descargar todas as imaxes