A terceira proposta do programa "Camiña e coñece" percorrerá o domingo as mámoas de Candeán
O roteiro polas mámoas de Candeán é o percorrido elixido para desenvolver o vindeiro domingo, 11 de novembro, a terceira proposta do programa "Camiña e coñece", desenvolvido polas Concellerías de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico, segundo anunciaron este mércores os concelleiros de Cultura, Xesús López, e de Deportes, Xabier Alonso.
O obxectivo desta iniciativa radica en "dar a coñecer o patrimonio cultural e natural da cidade á vez que fomentar os hábitos saudábeis", sinalou o edil de Cultura. Segundo indicou Xesús López, nesta ocasión o percorrido terá unha duración aproximada de tres horas, durante as cales os participantes serán guiados por tres expertos, como son Xoán Colazo, comuneiro da Comunidade de Montes de Candeán; Santiago Vázquez, arqueólogo que dende 2006 dirixe as intervencións arquelóxicas das mámoas de Candeán; e Elisa Pereira, arqueóloga que tamén ten participado nas distintas excavacións levadas a cabo na zona.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes sinalou que o percorrido comezará ás 10.30 horas na Unión Veciñal de Candeán (rúa Devesa, 25), seguirá polos campos de fútbol da Madroa e rematará, aproximadamente, ás 13.30 horas no parque forestal do Vixiador. En total, visitaranse doce mámoas, dúas delas restauradas, e unha na que se completou o proceso de excavación, así como o contorno natural no que están situadas. Ao remate do percorrido, no parque forestal do Vixiador, os participantes disporán de dous autobuses para facilitar o retorno ao punto de orixe na Unión Veciñal de Candeán.
O programa de "Camiña e coñece" para 2007 iniciouse en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuou en setembro pola senda do Lagares. A participación é libre, gratuíta e aberta a persoas de todas as idades. Segundo subliñou Xabier Alonso, a única recomendación que é necesario ter en conta é o emprego de roupa e calzado cómodos "acordes co tempo".
Os concellerios de Cultura, Xesús López, e de Deportes, Xabier Alonso, adiantaron que se desenvolverá esta iniciativa durante todo o mandato e que a vindeira xornada do "Camiña e Coñece" se realizará, previsiblemente, en xaneiro. Neste sentido indicaron que os veciños das distintas parroquias están a mostrar o seu interese en dar a coñecer o patrimonio dos seus barrios.