Escoitar
Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Convocatoria para cubrir dous postos de traballo

<br />

venres, 9 nov 2007


A Xunta Rectora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa reunión de 30/10/2007, aprobou as convocatorias e as bases de selección para cubrir os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario interino
Dous postos de funcionarios interinos para ejercer de mestres de formación en Encaixe de Palillos (unha) e Són e Música moderna (unha), para a execución de programa temporal incluído no Plan de Actividades para o curso 2007-2008.

Persoal laboral interino con cargo a vacantes en cadro de persoal
Dúas prazas de mestres de formación en Encadernación artística (unha) e Pintura (unha).

O prazo de presentación de candidatos/as será de 10 días hábiles seguintes ó da data de inserción deste anuncio no BOP, en horario de 9 a 13 h no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Os/as interesados/as poderán consulta-las bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, na Oficina de Información na Casa do Concello e no apartado "ofertas de emprego" da páxina web www.vigo.org .