Escoitar

Xogos, bailes e deportes para as "Tardes e Noites Vivas" desta fin de semana

Xogos, bailes e deportes son algunhas das alternativas de ocio que oferta o programa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo "Tardes e Noites Vivas" para esta fin de semana.

venres, 9 nov 2007
1194616972noitesvivas.jpg
Os mozos e mozas de Vigo contan cunha alternativa de ocio moi dinámica nas tardes e noites dos venres e sábados. Hai propostas para todos os gustos:

Bailes: break dance, capoeira, latinos, de salón, orientais ou danza do ventre.
Deportes: parkour, aerobox, fútbol sala, baloncesto "Vigo en Xogo", pachangas, tenis de mesa, musculación e squash.
Xogos dinámicos: Noite de Wiicio, stepmanía.
E, para os que prefiren alternativas máis tranquilas: obradoiros, xogos de mesa, masaxes, acceso a internet, chat, messenger, liga de xogos en rede, REC Vídeo, etc.

Ademais, os mozos e mozas poden participar no sorteo de 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes con webcam e micro e tres bicicletas pregables.

Os espazos e horarios nos que se desenvolve o programa "Tardes e Noites Vivas" son os seguintes:
Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): venres e sábados de 17.00 a 23.00 horas.
Punto Xove (r/ López de Neira, 27): os venres e sábados de 22.00 a 01.00 horas.
Pavillón deportivo do Instituto de Ensino Secundario O Castro (r/ J.G. Posada Curros, 1. Entrada polo lateral, fronte á pista deportiva): venres e sábados de 22.00 a 01.00 horas.
Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente,1): venres e sábados de 23:00 a 1:30h.
Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao s/n): os venres de 23.00 a 01.00 horas.
A.X. Cancerbero (r/ Heraclio Botana, 6-baixo esquerda): os venres de 22.00 a 02.00 horas.
A.V. Camiño V. De Coia (r/ Marín, 1): os venres de 19.00 a 22.00 horas.

A programación completa de "Tardes e Noites Vivas" pódese atopar: na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org), na Casa da Xuventude (López Mora, 31), Punto Xove (r/ López de Neira, 27), Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas), stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, institutos, etc.

Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono: 986 294 806, correo electrónico: xuventude@vigo.org.
Descargar todas as imaxes