Escoitar

Vigo podería acoller unha proba do Campionato do Mundo de Powerboat en 2008

As augas da ría de Vigo poderían ser o escenario en 2008 dunha proba puntuable do Campionato do Mundo de Powerboat, modalidade motonáutica considerada como a Fórmula 1 do mar. O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, mantivo este venres no Concello unha primeira toma de contacto cos organizadores deste evento internacional.

venres, 9 nov 2007
1194618890powerboat.jpg
O obxecto da reunión foi, segundo explicou Domínguez, "decidir e concretar as condicións" nas que Vigo acollería a proba e "cales serían os compromisos por parte do Concello", así como "analizar a gran repercusión" que tería este acontecemento na cidade.

O tenente de alcalde adiantou que o Campionato do Mundo de Powerboat podería recalar en Vigo en setembro de 2008, durante 12 días nos que permanecerían na cidade e a súa ría 30 potentes embarcacións e unhas 1.000 persoas "con gran poder adquisitivo". O evento completaríase con actividades para toda a cidadanía.

Santiago Domínguez sinalou que "falta por concretar o plan de viabilidade económica" pero que desde o Concello "imos traballar todo o posible para que esta proba veña a Vigo".

Para o tenente de alcalde, a posible chegada do Campionato do Mundo de Powerboat e o interese mostrado pola súa organización son mostras de que "Vigo comeza a estar xa nos circuítos dos grandes eventos internacionais". Neste sentido, Domínguez lembrou a saída da Vuelta Ciclista a España o pasado mes de setembro, xunto con acontecementos futuros como a saída desde o porto de Vigo do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros e a celebración na nosa cidade do Mundial de Hóckey sobre Patíns, ambos en 2009.
1194618890powerboat.jpg
1194618902poweboat091107.jpg
Descargar todas as imaxes