Vigo podería contar cun Consello Asesor para as novas tecnoloxías
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión con membros da Asociación de Empresas de Novas Tecnoloxías, na que se tratou a colaboración desta entidade para a creación dun Consello Asesor que guíe a política municipal nesta materia.
![1194877290novastecnoloxias121107.jpg 1194877290novastecnoloxias121107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1194877290novastecnoloxias121107.jpg)
Segundo adiantou Caballero, o obxectivo deste Consello sería "comezar a facer de Vigo unha cidade referente no ámbito das novas tecnoloxías", con atención especial a aspectos como a súa implantación e desenvolvemento en Vigo, a ampliación da súa cobertura ou a mellora da administración informática municipal, de xeito que se consiga aforrar e axilizar trámites.
Vigo e o seu contorno contan na actualidade cun total de 45 empresas de maior ou menor tamaño no campo das novas tecnoloxías. Para o alcalde, é necesario "meter a máxima presión" para que o maior número de grandes empresas "se sitúen en Vigo".
Descargar todas as imaxes